Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Fauna

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Herba do gando

Nome da especie Helleborus foetidus. Tamén se coñece cos nomes de heboro, herba, herbedal, herbal, herba papeira, herba chaveira, herba da braña, herba do lobo, herba do porco, herba dos bois e herba forte. É velenosa e moi tóxica, purgante moi forte; pode provocar incluso a morte.
Un dos remedios para curar as relas das vacas consiste en enherbalas con herba do gando; cortáselles a pel do pescozo cun fuso vello, métese dentro a herba e cósese.
As relas son insectos de cor verde (Hyla arborea) que se os tragan as vacas fanlles inchar e ata poden provocarlles a morte se non se atenden a tempo.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS



A rela pode ser um insecto de cor verde, geralmente do gênero Carabus, que é ao que popularmente se lhe atribui algum mal, e certamente é tóxico.
Outro significado para rela é o de rá, ram ou reque, é um dialectalismo, onde se dize rela nom se dize rá.
Rela é um diminutivo medieval de ra.
Do estilo vara, varela, varja Varjela.
Rá também é nome do carabus e da doença que pode gerar e das doenças mágicas que se lhe podem atribuir nos lugares onde ao anfíbio se lhe chama ra.
Foi depois cousa de filólogos e biólogos dar o nome de "rela" em exclusiva para as Hyla arborea, isto está nas guias de anfíbios portuguesas e galegas; outros nomes som o de ra de Sam Antom, e estorza.
Agradecido por deixar contribuir.

Enviado por ouvidoiro o 17/09/2008 ás 19:51:45


Enviar comentario a este artigo: