Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Fauna

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Trasnos con figura de vaca

Versión 1:
»Foi unha vez, hombre. Unha vez unha señora aí de Manolín de Vilamaior, incluso era media irmá de miña mai, i ela, se conoce, que la acometía o trasno.
Así polo oscurecido, cuando marchou, eu tería oito ou nove anos, era un crío, mandoume que fose con ela. E díxome:
—Vén comigo aí hasta A Regueira.
Claro, quedaba así no medio do camín. Pero salimos e había unha vaca pacendo aí ó lado de abaxo, ó fondo da nosa horta, máis ou menos onde ta ahora a horta. Levaba o cinzarro e pacía, era así algo bravo.
Ela non me dixo nada. Eu aquela vaca conocina que era da casa dela, era de Manolín, e sei como se chamaba. Ela seguiu, e eu; seguimos. Ela non me dixo nada da vaca nin nada de nada. A vaca subiu pa riba, pasou arriba do camín, foi cuanda nós. Chegou ó rego, había que saltar alí pra un prado, tirou unhas pedras pra saltar, e saltou, e seguiu tocando o cinzarro por aló arriba.
I eu fun hasta a porta con ela. Pero eu, de volta, viña solo, claro, pero a min non se me apareceu nada. Eso acórdolo i eso pasoume. A min directamente o trasno nunca figuras me saliu».

Versión 2:
»I outra vez viñámosche de Fonsagrada, Landeira de Veiga, Casanova de Vilamaior i eu, e chegamos riba da horta, eu aínda era un chaval tamén, aínda non fora á mili, e dixo Casanova:
—¡Coño, onde ta a miña marela! ¡Aí, nas hortas!
E díxolle Landeira:
—¡Vou eu sacala!
Bueno, marchou Landeira sacala. Pasou da horta de riba, que tu conoces, pás hortas de abaxo. E Landeira baixou ás hortas de abaxo pero a vaca marchou pa cortiña. Entonces deixou a vaca. E díxolle:
—¡Vai e mira a ver se tein a vaca na corte, ho!
E foi e, claro, a vaca taba na corte».

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: