Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Fauna

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Cobras na Casa da Pesquita

José Díaz, da Casa da Pesquita do Pereiro, concello de Alfoz (Lugo), estivo algún tempo en Madrid e cando regresou a nai díxolle que na casa había cobras.
—Eso no es nadia —contestoulle el—, hastra que las cobras señan tantas que se percise un piquete de caballería para matarlas.
Nunca tal dixera. A casa encheuse de cobras longas e grosas. Aganchaban polas paredes e pola xente, índa que sen mancala.
Polas noites as cobras cantaban deste xeito:
—¡Cro! ¡Cro! ¡Cro!
Ningún veciño quería entrar en Cas da Pesquita e ata os da casa andaban retortos.
José, víñanlle as bágoas aos ollos e choraba, dixo:
—¡Non volverei yo a botar ningunha soberbia. ¡Nosa Señora veña en aúda desta casa!
A nai de José falou con don Francisco, crego do Pereiro, e levouno á casa. Don Francisco persignouse, fixo cruces cunha navalla en todas as portas e ventás, abriu un libro que levaba e rezou por el para acabar botando catro bendicións e dicindo a berros:
—¡Sallan d’esta casa cantas cobras haiga ne-ella!
Desde aquel día nunca se volveron a ver as cobras na Casa da Pesquita.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: