Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Fauna

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Pedra da Moura de Vilaescura

A Pedra da Moura sitúase en Vilaescura, pequena aldea do concello de Sober (Lugo).
Cóntase, xa hai moitísimos anos, cando os mouros chegaron a esta zona de Galicia, que unha fermosa moura namorouse dun rapaz da vila. Os xoves namorados víanse ás agachadas na fraga, sempre no mesmo lugar, onde había unha enorme pedra nun camiño perdido.
Un día, a familia da moura decatouse do que estaba a acontecer e decidiron asasinar o mozo, pois por entón non se concebía unha historia de amor tal entre dous sangues e culturas tan desemellantes.
Cando a fermosa muller descubríu a morte do seu namorado, entoleou. Fixo un feitizo e converteuse en negra serpe. Desde entón ronda a gran pedra que escondía as citas segretas da parella na fraga, suponse que agardando a que apareza o seu namorado.
Por iso, hoxe en día, cado un pasea polas fragas de Vilaescura e pode ver unha serpe negra, ten bo coidado de non magoala; está rondando a Pedra de Moura.

[Texto remitido por María Oruña Reinoso, Padróns, Ponteareas, Pontevedra]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: