A corza branca
Ilustración de X. Manuel Segade Rivas
No castelo da Ponte de Doiras, parroquia de Vilarello, concello de Cervantes (Lugo), vivían uns señores que tiñan dous fillos, irmán e irmá. Un día a irmá marchou ó monte. Xa era noite e a rapaza non volvera.
Os pais, preocupados, ordenaron de facer unha batida para ver de atopala pero, por máis que a buscaron non lograron dar con ela.
Todos abandonaran a búsqueda pero o irmán seguía intentándoo. Un día no monte viu unha cerva branca e matouna. El non podía levala só para a casa e cortoulle unha das patas dianteiras.
Cando chegou ó castelo e foi sacar a pata do saco viu, amargamente, que se trataba da man da súa irmá. Recoñeceuna por un anel que tiña no dedo. Marchou ó monte e a cerva convertérase no corpo da doncela.
[Texto remitido por José María Carricoba Armesto, Lugo]
BIBLIOGRAFÍA
COMENTARIOS ENVIADOS