Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Fauna

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O Pozo do Real

O Pozo do Real está na parroquia de Montouto, onde chaman Veiga do Real, en Abadín (Lugo).
»Alí había un pozo que dicían, ó pozo non se lle vía fondo, e dicían que o que caese alí desaparecía.
Eu recordo de berrar asi ó pé do..., que alí había un salto de auga á altura menos que do peitoril este (uns 150 cm), pero formaba fervencia ó caer a auga de chorro. Alí non se vía fondo. Eu teño ido ás troitas e mete-la caña e non se lle encontraba.
Berraba alí un, nosoutros éramos rapaces novos e facíamos:
—¡Eh!
E resonaba, resonaba todo.
Aquí hai un muchacho, que está ahora, me parece, traballando en Bilbao... Tiña un can. Iba po monte co gando e o can non lle obedecía moi ben; o can era bon... e dixo que o can desaparecera. Vaise e atoulle unha corda ó cuello e unha pedra, e o can ó pozo. Nin pozo nin can nin...Non apareceu».

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: