Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Os exércitos de Rei Artús na Lagoa de Antela

A lagoa de Antela está na Limia (Ouresne) e nela hai moitos encantos, entre eles todo un exército:
Texto 1:
»E unha era que como había moitos charcos e lameiros, chegado o verán saían deles tantos mosquitos cínifes que, erguéndose á posta do sol, pola veiga abaixo voando, resplandecían as ás que parecían armas, e os da terra que os vían dicían e afirmaban que era o rei Artús que estaba encantado co seu exército naquela veiga. Así ó crían porque dicían que seus pais e avós, e devanceiros así o dixeran e afirmaran. Estas e outras malicias, parvadas e pecados quitáronse e desterráronse co novo edificio».

Texto 2:
»...e coa calor do sol no verán espállanse pola atmosfera unha nube inmensa de zoadores cínifes que mortifican de día e de noite, e non cabe existan en ningunha parte tantos nin tan carraxentos e sañudos. Á antiga superstición pagá sobre o eterno e universal esquecemento que producía o beber ou atravesar as augas do Leteo, o vulgo sempre crédulo e amigo do marabilloso, substituíu outra nos tempos cabaleirescos que aínda duraba ós principios do século XVI, de ser estes alados e armados insectos os exércitos encantados do rei Artús, transformacións das que falaron tanto os romances nacionais e extranxeiros».

[Información e foto remitidas por Xavier Feixoo, Sandiás, Ourense]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: