Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Micromitos 078: O can da Virxe do Mar

A imaxe da Nosa Señora do Mar do Oia —tamén chamada do Desterro, de Loreto ou do Lebreiro— apareceu na costa cabo do mosteiro arredor de 1581.

Dise que cando a botaron ao mar os iconoclastas ingleses, un can lebreiro tirouse á auga e arrastrouna sen mancadura ata o lugar onde a atoparon uns labregos que andaban pola Orilluda ao argazo.  A cadea era de ferro e o colar estaba decorado con cunchas. O conxunto emitía un resplandor espectacular.

Sabedores do suceso, os monxes de Oia rescataron a imaxe e déronlle agocho mentres o can, que culminara a aventura extenuado, expirou. En atención á heroica singradura foi soterrado en lugar sagrado mesmo á porta do mosteiro.

Un ano despois, a imaxe desta Virxe, que leva o neno no colo e á que se engadeu a figura dun can grande, navegante entre ondas, deitado aos pés, trasladouse a Salamanca, onde aínda está, agora no mosteiro de Santa María de Xesús, por certo, abandonado polas monxas bernardas en 2015.

En 1680 fíxose unha réplica disque exacta da orixinal que é a que se venera en Oia como santa patroa do concello.


SerieMicromitos

Publicación: Nós Diario, 17 de decembro de 2020.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: