Actualizado en data 19/04/2021

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Micromitos 041: A encantaria

Variante de encanta ou encantada, paso intermedio na transformación dunha moura en serpe, o que noutros lugares recibe o nome de xerpa. No Pirineo catalano-aragonés a encantaria é idéntica á nosa lavandeira nocturna.

Imos ata o Penedo dos Mouros, no Castelo de Entienza, Salceda de Caselas, con Enrique Couceiro e seguímolo no nº 8 da Revista de Antropología Experimental da Universidad de Xaén.

Os mouros facían nós nunha corda e cada nó era unha palabra que provocaba que a corda se convertese na cobra que custodiaba o tesouro.

Un día un cazador escoitou un doce canto e descubriu que quen cantaba desde o cimo da rocha era un ser entre muller e serpe. Ao cazador gustoulle a parte de muller e preguntoulle como tiña que facer para desfacerse da serpe.

Ela díxolle que saía todos os días ás doce, ao mediodía e á noite, e que tiña que matar a cobra. O cazador matou a cobra e a encantaria converteuse nunha muller de corpo enteiro coa que acabou casando.

Mentres o encanto derrotado foi para o fondo do mar a rocha agretou. Tempo despois, a mediados do s. XX, uns pedreiros esnaquizaron o Penedo dos Mouros.

SerieMicromitos Publicación: Nós Diario, 27 de outubro de 2020.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: