Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Fauna

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Micromitos 036: A loba branca

Seguramente por seren raros os exemplares de lobos macho ou femia co pelello branco considéranse nefastos. Na Limia déixase ver un lobo branco no mesmo lugar onde outros lobos devoraran uns mozos e a súa presenza considérase anuncio da morte inminente dunha persoa.

En Merza, Vila de Cruces, organizaron unha montería e da manda só quedou vivo un lobo branco que ouvea todas as noites na Peneda dos Lobos.

Laureano Prieto rescatou en Viana do Bolo o argumento dun romance titulado “La loba blanca” que conta a historia dunha moza predestinada polo pai a casar cun curmán rico. Pero ela namorouse dun pastor e o pai recluíuna. O amante liberouna e fuxiron mais o pai botoulle unha maldición á filla: Oxalá te convertas en loba!

E así sucedeu. A primeira vítima mortal da loba branca foi o seu propio mozo. Desde entón mataba sen piedade, con saña, persoas e animais. Ninguén podía con ela.

A veciñanza organizouse para tratar de capturala pero por moitos tiros que lle dispararon, ningún a feriu.

Un día desapareceu e nunca máis se soubo.

SerieMicromitos

Publicación: Nós Diario, 20 de outubro de 2020.

 


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: