Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Fauna

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Micromitos 029: A orixe do lume

A descuberta do lume case sempre se lle apón a unha divindade ou ao sol, que tamén é un deus. Pola súa transcendencia no devir humano, o lume ten a consideración de ser sagrado e unha das teorías sobre a posible fin do mundo aponllo a un incendio horripilante.

O mito máis fermoso sobre a chegada do lume á Terra cóntao V. Risco e ten relación coa orixe do papo colorado do paporrubio.

E foi que os paxaros tiñan frío pero ningún ousaba voar ata o sol para coller o lume. Ofreceuse o máis pequeno, o pisco, que foi quen de chegar aló e recibiu un facho candente coa advertencia de que se non andaba lixeiro, queimaría as plumas do peito.

Non o puido evitar. Ardéronlle as plumas do papo e os paxaros en agradecemento compensárono con cadansúa pluma, a máis bonita das que tiñan.

A curuxa non quixo colaborar e foi forzada a facer vida nocturna.

Outra versión sobre a cor do papo do pisco di que o ten así porque se tinguiu co sangue de Cristo cando, para evitarlle sufrimento, lle arrincou espiñas da coroa co peteiro.

SerieMicromitos

Publicación: Nós Diario, 9 de outubro de 2020.ç

Locución audioRocío Romero Otero


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: