Actualizado en data 28/09/2020

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Fauna

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Micromitos 001: O oráculo

Canda o cuco na primavera chegaba Xurxo Souto a este niño de Nós Diario. E canda o cuco temporeiro, en avistando setembro, vai, discreto, cos acordes poderosos das músicas populares, camiño dos seus apousentos de entretempo.

Tomo a remuda coa ilusión de ser quen de, a grolos, ir matando algunha sede por saber que hai tras as portas das cámaras dos tesouros ou das dos pazos escusados, habitados por criaturas encantadas. Contar que sucede nas estremas polas que van e veñen as ánimas, do Aquén ao Alén, da memoria mítica e do imaxinario colectivo. Será en pequenas doses, sempre desde as entreportas onde se saúdan as millentas historias da nosa fantasía popular!

Ollo co cuco que é moi cuco! Ninguén sabe con certeza onde pasa o inverno, se dorme ou vela, se soña e se fala ao soñar. Ninguén sabe se marcha ou queda camuflado de gabián. Pero o cuco é sabio, o  oráculo que temos máis a man; se lle sabemos preguntar, sabe incluso cantos anos nos quedan por dobrar.

Atentos ao cuco! Volverá! E con el Xurxo Souto, e Cunqueiro e César Morán! Haberá primavera!

Se vos prace, ata mañá!

Serie: Micromitos

Publicación: Nós Diario, 1 de setembro de 2020.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: