Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Fauna

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O Burato da Moura

Está en Ferrón, parroquia de Bolmente, concello de Sober (Lugo). A moura que lle dá nome chegou alí unha vez que a perseguían. Anda con moito ouro na cabeza, de vez en cando sae tomar o sol, ou coller auga do regato, pero se se achega alguén, gárdase dentro. Din que se sente como chama por uns pitos que sempre andan con ela.
Unha vez andaba por aquel lugar un rapaz cuidando dun rabaño de cabras, coñeceu a moura e co tempo namoráronse un do outro. Discurriron de casar, a pesar de que, segundo pensaba o mozo, pouco capital habían xuntar entre os dous. Entón a moura díxolle ao rapaz que se lle facía caso habían ser ricos. E tiña unha idea que consistía en que ao día seguinte cando fose coa facenda para o monte, ela habíaselle aparecer en forma de cobra pero avisouno:
-¡Canto máis ruído faga, máis riqueza levarei canda min! ¡Non teñas medo! ¡Se fuxes de min, non hai nada!
Niso quedaron. Ao día seguinte cando o mozo chegou ao monte coas cabras abriuse un burato no chan e saíu unha cobra na compaña dun enorme ruído.
Pero o rapaz tivo medo, botou a correr e acabouse todo.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: