Arrapa, raposo!
Quen teña un mínimo coñecemento da nosa cultura popular debera saber que non é necesario organizar batidas nin, moito menos, matar raposos para afastalos dos galiñeiros.
Atendan e tomen nota. Cando vexan o raposo, digan alto e claro:
Arrapa, raposo
i avanta no toxo!
E deixa a galiña
da miña veciña
que ten dous pitiños
que quedan orfinos!
Arrapa i arrapa
que a dona te atrapa
e bótache os cans
correndo detrás!
BIBLIOGRAFÍA