Fauna
CONTA ÁLVARO CUNQUEIRO: Por que o raposo se chama Afonso?
CONTA ÁLVARO CUNQUEIRO "Asegúrase que o animal máis antigo no país galego é o raposo. E por iso é o único entre todos os mamíferos da galaica fauna que sabe a lingua galega, co que, tendo o ído moi fino, oe aos que del falan. Sabe catro nomes seus: golpe, raposo, zorro e 'xatentendo'. Cando se fala do raposo hai que darlle nomes seus que el ignore. Por exemplo, Pedro, Perico, 'Xamescurro'. E a un amigo moi perito en vulparias e lunarias (o señor Cordal), que en paz descanse, preguntáballe eu porque tamén se lle chama Alfonso, Afonso, ao raposo:
—Polo rei de Castela, hom. Oíndo falar o golpe de Afonso colle medo e toma campo. Se fósemos todos tan avisados!".
Nota: A traducción é nosa.
BIBLIOGRAFÍA