Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

A serpe do Pozo do Piago

O Pozo do Piago está no río Miño, parroquia de Robra e concello de Outeiro de Rei (Lugo). Entre os penedos, no río, hai un pozo negro e profundo, quizais sen fondo, e nel botaron unha serpe os veciños de Martul, unha cobra xigante que lles acababa con todo canto tiñan.

E foi que a serpe, que tiña o niño no curuto das Penas do Castro non había maneira de pillala. Entón idearon o seguinte. Prepararon un carro cos fungueiros moi afiados tirado por dous bois. Cando a serpe os viu botouse a eles para comelos e papou bois e carro. Morreu de contado cos fungueiros atravesados..

Despois levárona ao Piago e seica por onde pasaba ía derramando o veleno, e en moito tempo, onde pousou o veleno, non naceu nada de nada.

 

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: