Doenzas e remedios: Cancro de gorxa
“Coller un sapo, matalo e atalo cun pano arredor do pescozo. O sapo, pouco a pouco, íase sumindo”.
Ao marido dunha prima de miña nai non lle daban apañado sapos para poñerlle. Isto foi na década dos 50/60 do século pasado. Finalmente, o señor morreu.
[Información de Toño Núñez, de Navia de Suarna (Lugo). Lugo, novembro de 2016]