Bruxa de Pías
Menciñeira desta parroquia do concello de Ponteares (Pontevedra). Século XX. Vivía nunha casa de planta baixa e tiña un corvo que andaba por enriba do tellado e polo cuarto, e que a auxiliaba nos seus ritos curativos. Botaba as cartas, facía curas e receitaba menciñas elaboradas por ela. Segundo Victor Lis Quibén usaba como purgante o po de jalapa, e facía afumadoiros de ouro, incenso e mirra.
BIBLIOGRAFÍA