Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Fauna

Mala visita*

Unha muller chamada María López, residente en Ferrol, notou hai días que á media noite espertaba fatigada e nerviosa, experimentando unha sensación de frío no pescozo, estrañamente humedecido con un líquido pegañento.

Transcorreron algunhas noites sen notar outra novidade, pero unha delas tendo a citada María que dar o peito a un fillo seu, notando con asombro que lle faltaba zume vital.

Ao mesmo tempo notou un ruído xa advertido por ela noutra ocasión.

En vista disto deu coñecemento aos veciños, quen, á seguinte noite, se puxeron ao axexo, vendo con gran sorpresa unha enorme cobra que se introducía na alcoba de María López.

Non puido dárselle caza e fuxiu dando agudos asubíos, e producindo a natural confusión entre os seus perseguidores.

*Traducido de “El Correo de España”, Bos Aires, Ano II, nº  80, páx. 20 (08/12/1895).

 

 


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: