Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Fauna

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Rapaconas

Vimos un verme peludo (véxase fotografía) e dixo Lila, que é da Rigueira, Xove (Lugo): "Ese bicho é un rapaconas".
E explicounos que cando era cativa ás rapazas dicíanlles que tiñan que ter moito coidado de non pasar por riba deles porque podían quedar peladas por abaixo.
Este becho, eiruga ou verme, tamén se chama rapacús en Marín segundo Eligio Rivas Quintas: “Lagarta, gusano peludo, clase de oruga que devora la hoja de ciertas plantas
Cambiando de medio, curiosamente, ao peixe rapante ou meiga tamén se lle chama rapaconas en Viveiro e rapapelos nas Rías Baixas.
E á estrela de mar chámanlle rapaconas en Laxe, e rapacricas en Rinlo (Fernández Rei 2002: 184). Di (Ríos Panise 1977: 14) que “posiblemente aludían a la práctica de raerse los pelos frotando la piel con ejemplares de esta especia”.

[Texto elaborado coa información facilitada por Manuel Miranda (no referido ao insecto) e á bibliografía que se cita]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Na zona de Baralla(Santiago de Pousada) tamén lle chamamos rapacarallas

Enviado por Xosé Manuel Becerra o 05/09/2017 ás 19:29:29


Boas! Na zona de Portomarín tamén teño escoitado outra variante:rapacarallas ou rapacarallos.Ademáis das eirugas parece que tamén se lle chama así ós dermápteros.

Enviado por Fusco o 02/12/2015 ás 0:47:35


Enviar comentario a este artigo: