Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Fauna

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Fonte do Eume

A fonte onde nace o río Eume, na aba da Serra do Xistral, está na parroquia de Montouto, concello de Abadín (Lugo).
»Outra vez iban co gado e tamén estaban aló na Veiga do Real, onde houbera o pueblo, aló na beira deste río que baixa, o río este nace arriba da Veiga do Real, chámanlle o Xistral, chámanlle a Fonte do Xistral onde nace ese río, o río Eume.
E tamén, xa ora, que estaban as señoras peinándose, encantos lles chamaban, na beira daquel río, que estaban alí señoras peinándose, chamábanlles encantos; salirían daquel pueblo ou que sei eu.
Alí abaixo, peinándose e..., peinándose na beira do río e diz que tiñan un cadelo, un cerruliño e diz que lles pillaba as ovellas e mandábaas a un pozo que había alí de auga no Real, chamábanlle o Real.
—¿Un cadelo que tiñan os encantos?
—Si, un cerrulo, moi guapo. Dicíano os que iban co gado, os vellos, vamos, os vellos».

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

A lenda é fermosa, pero débese advertir de feitos delas que falten á verdade, para evitar que a xente tire delas coñecementos errados. Este é un caso. Non me crean, infórmense. O río Eume non nace en Montouto. Nace na parroquia de A Balsa, concello de Muras (Lugo). E despois trascorre pola veciña parroquia de Montouto, antes de voltar á Balsa e seguir ó seu camiño por Muras e As Pontes cara a Pontedeume.

Enviado por María R. Trastoy o 25/09/2007 ás 11:00:34


Enviar comentario a este artigo: