Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Fauna

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Segredos do Pazo de San Isidro de Mondoñedo

O Pazo de San Isidro está no Couto, sobre un outeiro, ás aforas de Mondoñedo, non moi lonxe da Ponte do Pasatempo. Naquel lugar houbo unha torre medieval e no s. XVII un convento das monxas concepcionistas que o abandonarían no s. XVIII. A propiedade pasa por varias mans ata que en 1999 é mercada por José de Orozco y Sánchez-Aguilera e pola súa dona, Simoneta Dondi, que acometen obras de restauración. Na actualidade, consolidada a conservación das tres plantas do edificio, do patio interior e da capela anexa, dedícase a actividades culturais.

A serpe con ás
Segundo o cronista e historiador mindoniense E. Lence-Santar, no pombeiro do Pazo de San Isidro hai unha cobra alada. Ás cobras cando envellecen nácenlles ás e disque voan seguindo o curso dos ríos ata o mar, e desde alí poñen rumbo a Babilonia, e van dicindo: Para Babilonia vou, malia quen me veu de nova e non me matou. A cobra alada aínda non é dragón pero aseméllase, e a sombra que deita cando voa é moi perigosa. As ás semellan de coiro, con cadros verdes e amarelos, moi feitas.

Cairo, o guineano que morreu de frío
O noso amigo Andrés García Doural, discípulo avantaxado da insaciable curiosidade de Lence-Santar, descubriunos hai poucas datas (http://www.blogoteca.com/doural) a identidade dun home negro que morreu no Pazo de San Isidro aló polo s. XVIII. Xa se sabía por tradición que este guineano de raza negra chegara a Mondoñedo, procedente de Ferrol, logo de ser escravizado por ingleses. As autoridades, non sabendo que facer con el, mandárono, primeiro bautizar e logo ao Pazo de San Isidro. Dise que as monxas o tiveron encadeado, ben nunha mazmorra ou á intemperie, preso ás escaleiras que comunican a horta co patio. Mal alimentado e peor vestido, morrería de fame e frío, non moito despois do 29 de abril de 1780, data na que “pidió el Santo Bautismo” na parroquial de Santiago. Dixo chamarse Cairo pero puxéronlle Josef; andaba nos 23 anos.

A Nao Mai
O pazo é unha das sedes estables da Asociación A Nao Mai, unha espazo cultural que promove a creatividade, unha nao cangada de soños e utopías comandada por Arturo Pérez e Ton Arenas; un bálsamo que alivia as carencias culturais (http://anaomai.blogspot.com)


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: