Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Fauna

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A cobra do Picadeiro de Morás

Cando Xoán aínda era un neno ía moitas veces alindar as ovellas ao Picadeiro de Morás, Xove (Lugo), e nunha delas atopou unha cobra posta nunha pedra. Co tempo Xoán e a cobras fixéronse amigos e ata lle puxo un nome: Ramonciña.
De alí en diante ía todos os días cabo da cobra, chamábaa polo seu nome e dáballe a beber leite que muxía das ovellas.
Pero Xoán fíxose home e tivo que ir ao servicio militar. Cando regresou do servicio foi ata o Picadeiro e chamou por Ramonciña. E Ramonciña saíu do seu escondedoiro pensando que o mozo traía o leite das ovellas. Pero Xoán xa non tiña ovellas e Ramonciña, enrabechada, tirouse ao pescozo do mozo e matouno.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: