Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Micromitos

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Micromitos 075: O príncipe Gatelo

Antes de popularizarse a figura de Breogán, entre os historiadores dos ss. XVII e XVIII citábase a Gatelo, Gotelo ou Gatelio. Un personaxe imaxinario de orixe grega, fundador de Brigancia (Compostela ou A Coruña) e da dinastía primixenia dos reis galegos.

Gatelo, fillo do rei de Atenas, bótase á aventura. Pasa por Exipto onde casa con Scota, filla do faraón, e navega polo Mediterráneo, chega a Galiza e funda Brigancia.

Aquí desde alta torre albisca a illa de Irlanda a onde envía dous fillos para que funden outra dinastía de reis; máis adiante fan o mesmo en Escocia, chamada así en honor de Scota.

Gatelo precede como fundador mítico de Galiza a Breogán quen, reivindicado fundamentalmente por Murguía e Pondal, se convirte en principal a partir do XIX.

A Gatelo cítano os historiadores galegos no s. XVII, case todos inspirados pola obra Monarchia Ecclesiastica de Juan de Pineda (1588).

Con Gatelo aparece no lendario galego a chamada Pedra da coroación ou Pedra do Destino. O que lles recomendo agora é que procuren o moito publicado polo historiador Fernando Pereira González sobre este personaxe esquecido.


SerieMicromitos


 

Publicación: Nós Diario, 12 de decembro de 2020.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: