Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Micromitos

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Micromitos 069: San Nicolao

San Nicolao, bispo cristián do s. IV, está na orixe da invención de Santa Claus. Evitou que tres irmás acabasen na prostitución botándolles cada noite unhas moedas de ouro pola cheminea. Amais resucitou tres cativos que foran asasinados e os seus corpos tirados nun bocoi con sal. Seica fabricaba xoguetes que logo repartía entre os nenos pobres. Os seus restos descansan en Bari, onde o seu corpo embalsamado súa un aceite coñecido como Manna di san Nicola.

Tivo moito predicamento en Galicia. Unha muller ofreceulle ao san Nicolao de Abellá, en Frades, dúas velas grandes coma ela pero como non puido cumprir a promesa en vida, regresou de ánima en figura de cadelo, pediulles aos familiares que cumprisen a promesa e levaron as velas ás doce da noite guiados polo can que lles tornaba o medo.

En Penahedrade, Torre, Vilalba, hai unha capela dedicada a San Colasiño enriba das penas, no curuto dunha croa. Foi promesa dun natural da parroquia, Diego de Pazos, mariño que cando se lle presentou unha gran treboada no mar, pediu e obtivo axuda do santo que celebramos o día 6.


SerieMicromitos


 

ublicación: Nós Diario, 4 de decembro de 2020.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: