Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Micromitos

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Micromitos 061: O inventor suicida

A culpa foi miña. Unha das camareiras da cafetería onde tomo café estaba repoñendo bolsas de azucre nun caixón e aproveitei para preguntarlle se sabía se era certo que aquelas bolsas se enchían unha a unha cunha cánula de plástico.

Poñen, díxenlle, un extremo na boca, meten o outro nun saco de azucre a granel, aspiran para encher a cánula e baléirana na bolsa de papel que logo nos dan para adozar o café ou outra infusión.

Xulio, o dono, dixo que descoñecía ese método pero o que si sabía que era certo é que o inventor desas bolsas alongadas, que seica se fixo multimillonario coa patente, acabou suicidándose ao ver que ninguén abría as bolsas da maneira que el ideara.

Deseñáraas pensando que se colocasen sobre a cunca en horizontal, e que, cunha lixeira presión, se rompesen pola metade. A xente, porén, optou por sacudila e rompela por un extremo.

O inventor cando viu que todo o mundo o facía mal deprimiuse e suicidouse.

A historia é crible pero como proba de veracidade rétoos a vostedes a buscar por internet a ver se atopan o nome de tan agraviado inventor!

SerieMicromitos Publicación: Nós Diario, 24 de novembro de 2020.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: