Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Micromitos

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Micromitos 032: A vella e os paxaros

No Pedregal de Irimia, concello de Meira, nacen as augas nutricias do Miño. Aqueles mananciais, mentres arremedan o arrolo do río acabado de nacer, gurgullan por debaixo dunha morea de cuarcitas arrastradas ata alí hai ducias de miles de anos.

Pisar aquelas pedras, choutando dunha en outra, ao tempo que se escoita a canción da auga é un dos grandes praceres que se debe experimentar algunha vez na vida.

Mais, quen puxo alí aquelas pedras!

Imos ver. Hai varias lendas. Hoxe imos comentar a que di que foi unha muller vella que rifaba decote co seu marido. E dunha, vese que enfadada con ou sen motivo, díxolle:

—Vaite! Corre e non mires atrás! Se te viras, haste acordar!

O home marchou coa cabeza gacha pero non puido evitar volvela.

Fíxoa boa! A vella, ao tempo que ría, dixo unhas palabras arrepiantes que non somos quen de reproducir.

A seguir, uns paxaros enormes comezaron a guindarlle pedras sobre a cabeza ao pobre home e unha que lle atinou en mal sitio, fíxolle afociñar e de contado, por entre as pedras, comezou a fluír o sangue do lapidado.

Do sangue daquel pobre home naceu o río Miño!

SerieMicromitos

Publicación: Nós Diario, 14 de outubro de 2020.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: