Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Micromitos

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Micromitos 023: O arco da lúa

Tamén se lle di arco branco ou arco da vella branco, arco iris branco ou só iris branco. Vese moi poucas veces, preferentemente nas noites de lúa chea. Tense por sinal de mal agoiro.

Antonio Ferrer Moreira comunícanos que pola parte da Lanzada para esconxurar eses malos presaxios que anuncia ver o arco da lúa din que hai que recitar nove veces, despois de ver no mesmo día o arco da vella (polo día) e o arco da lúa ou do trono (pola noite), o seguinte: "Arco da lúa, arco do trono, non deixes caer máis pestes, que agora son o teu dono".

Deixaron testemuño de telo observado dous ilustres galegos: o relixioso e polígrafo P. Sobreira e o navegante Pedro Sarmiento de Gamboa.

Sarmiento de Gamboa contemplouno na media noite do 25 de marzo de 1580 no Mar do Norte. O P. Sobreira observouno ás once da noite do 18 de xullo de 1798 en Paradaseca, Cabeza de Meda, e descríbeo como un arco cor cinsa prateada cos dous extremos pousados no río Sil.

Cando desapareceu, seica deixou atrás unhas néboas abrancazadas que foron esvaecendo lentamente.

«⇔»

SerieMicromitos  Publicación: Nós Diario, 1 de outubro de 2020.

Locución audioRocío Romero Otero


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: