Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Cocos, monstros

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Micromitos 019: A Garavanceira

Segundo me comentou Belén Chao Ónega chámanlle así a un coco que anda polo concello da Pastoriza. Ten figura de muller e aparécese nos camiños cegados de silvas e felgos polos que é case imposible o paso. O neno ou nena que entre alí arríscase a que a Garavanceira o pille e o meta nun saco para logo vendelo, quen sabe a quen e para que. 

Existe unha variedade de silva chamada precisamente garavanceira, un máis dos nomes dun arbusto (ruscus aculeatus) de falsas follas espiñentas e froitos vermellos. Esta planta tamén se chama azoutacristos, brusco, mezquita, picanceira, silva macha, roseira silvestre, rascacú, silbarda, silvarda, xibarda, xilbarda e xarda (xardeira). Os meniños non deben comer os seus froitos xa que lles poden provocar vómitos, descomposición e convulsións.

Segundo E. Lence Santar,  as bruxas da zona de Mondoñedo viaxan de a cabalo dunhas vasoiras feitas de xibarda ou garavanceira. Voan en parellas, collidas pola man, desde o Monte Monfadal ata o xuntoiro que teñen no Pico do Xistral a Noite de San Xoán todas as bruxas da Mariña e da Terra Chá.

«⇔»

SerieMicromitos Publicación: Nós Diario, 25 de setembro de 2020.

Locución audioRocío Romero Otero


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: