O Tártalo
Tardo, trasno, demo burlón. Ser de baixa estatura, nariz chato, cornos pequenos na cabeza e pezuños nos pés. Transformista que enreda, xeralmente dentro das casas, e que goza facendo burla dos seus moradores. Pode aparecer en figura de cabalo ou ovella no medio dun camiño, simular ruídos dentro dunha casa amargándolles a noite aos propietarios ou tomar o aspecto dun toro de madeira que logo pode virarse demo, ovella ou mollar as costas de quen o carrexa.
Resulta ben curioso o rexistro desta denominación para un ser mítico destas características, cando na mitoloxía popular vasca se designa co mesmo nome a un ser xigantesco, antropófago e terrorífico semellante aos nos Alarbios.
BIBLIOGRAFÍA