Actualizado en data 24/08/2019

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Cocos, monstros

A Garavanceira

A Garavanceira é un coco que se describe polo concello d’A Pastoriza (Lugo) como unha muller que vive nun camiño cegado de silvas, herba, felgos… no que non se pode entrar. O neno ou nena que entre alí arríscase a que a Garavanceira o pille e o meta nun saco para logo vendelo.
Silva garavanceira ou garavanceira é un dos nomes dun arbusto de falsas follas espiñentas e froitos vermellos. Esta planta tamén se chama azoutacristos, brusco, mezquita (mesquita, mesquito) picanceira (picaceira, picantel), silva macha, rosal silvestre, rascacú (rascacús), silbarda, silvarda, xibarda, xilbarda (silbardeiro, silbarbeira) ou xarda (xardeira). Ao parecer os nenos non deben comer os seus froitos xa que lles poden provocar vómitos, descomposición e convulsións.

Non ha ser casual que as bruxas da zona de Mondoñedo segundo testemuño de E. Lence-Santar, viaxen sobre vasoiras confeccionadas con xibarda collidas pola man esquerda de dúas en duas, desde o Monfadal ata o Aquelarre que se celebra no Pico do Xistral.

[Texto elaborado con información aportada por Belén Chao Onega, de Bretoña, A Pastoriza (Lugo). Setembro de 2012]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: