Actualizado en data 08/06/2019

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Cocos, monstros

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O Porviso

O Porviso
O Porviso (ou Proviso), é un animal, unha especie de rato que pasa por debaixo das portas e con rabo moi longo, tanto como para rodear a almofada e afogar con ela a xente que durme.

[Información remitida por Paula Carballeira, de Oza (A Coruña) en xullo de 2010: “Nunca escoitara o nome e os rapaces do instituto tíñano como moi vivo na memoria do que lles contaban as súas avoas. Quen me falou del foi un rapaz que se chama Rubén, coido que de 3º da E.S.O, pero non estou moi segura, do Instituto Camilo José Cela de Padrón. Dicían que moita xente de arredor morrera por causa do Porviso” ]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Hai xente na aldea de Abuín -Leiro, Rianxo-, que cre aínda nel, pero non dou sabido que forma ten nin en que mal se enxeña. Xusto ando buscando esa información.

Enviado por Helena Villar Janeiro o 31/07/2015 ás 22:35:01


Enviar comentario a este artigo: