Cocos, monstros

Dúas ducias de cocos: Trasno
O trasno é o meirande tunante que existe no mundo imaxinario galego, equivalente ao chamado “duende” en castelán. Ten moitos nomes (perete, perello, trasgo, tardo, pesadelo...), sabe moitos disfraces, remexe nas potas, lava o cu no leite.. Case non hai casa en Galicia que non teña un, cando menos un, trasno.
___________________
Ilustración: Noemí López
Texto: Antonio Reigosa
___________________
Reprodución autorizada de “Dúas ducias de cocos”, DVD interactivo (actividades para educadores, nais, pais e rapaces) que contén a música e a Guía didáctica “Pasamedos” do espectáculo teatral Boas noites producido por Berrobambán. O DVD véndese conxunta ou separadamente do libro Boas noites, de Paula Carballeira, editado por Edicións Xerais de Galicia, 2007.
![]() |
BIBLIOGRAFÍA