Cocos, monstros
Dúas ducias de cocos: Meniñeiros
Trasnos invisibles, seguramente moi pequenos, que teñen por misión principal facer sorrir aos bebés. Aínda hai que di cando un bebé ri:
—Seica anda por aquí o meniñeiro.
___________________
Ilustración: Noemí López
Texto: Antonio Reigosa
___________________
Reprodución autorizada de “Dúas ducias de cocos”, DVD interactivo (actividades para educadores, nais, pais e rapaces) que contén a música e a Guía didáctica “Pasamedos” do espectáculo teatral Boas noites producido por Berrobambán. O DVD véndese conxunta ou separadamente do libro Boas noites, de Paula Carballeira, editado por Edicións Xerais de Galicia, 2007.
BIBLIOGRAFÍA