Actualizado en data 02/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Veciñanzas

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Fadas leonesas III: La Griega e o seu muíño (Nicolás Bartolomé Pérez/ Emilio Gancedo)

© Nicolás Bartolomé Pérez/ Emilio Gancedo.
Artigo publicado anteriormente en castelán no “Diario de León” (08/06/2014), revista dominical La Llariega.
__________
A esta enorme muller que cava canles cos “tarucos” das seus madreñas ou leva inmensas cantidades de auga na súa mandil, deus castígaa polo súa impiedade, producindo paisaxes como “La Quebrantada” de Vegas.
__________
Hai un ser mitológico, feminino e leonés, que destaca sobre os demais que fomos repasando en anteriores artigos e que se nos presenta cun nome específico, La Griega, un personaxe lendario vencellado especialmente a restos arqueolóxicos da minería romana localizados case exclusivamente nunhas zonas moi concretas da provincia leonesa, non lonxe da capital e situadas entre os ríos Luna, polo occidente, e Esla, polo oriente.
A primeira noticia sobre este mito proporcionóunola o historiador Julián Sanz Martínez quen, baixo o pseudónimo de Juan de Alvear, publicou narevístaa “Vida Leonesa” unha lenda recolleita en Vegas del Condado e en Villasabariego que narra como hai moitos anos existiu un muíño no lugar coñecido como “El Alto de la Griega”que pertencía a unha muller chamada con ese nome. Para dar auga ao muíño mandou construír unha canle coa que levar as augas do Porma ata o mesmo, pero o enxeño non funcionou posto que aquela muller fíxoo sen a bendición divina, e, cando estaba a piques de acabar a obra, as augas romperon unha parede da canle e correron cara ao lugar que hoxe é coñecido en Vegas como La Quebrantada.
Sanz Martínez indicou que unha copliña popular recordaba as palabras que La Griega pronunciou aquel día, palabras que, de feito, foron as que ofenderon ao poder divino dando lugar ao castigo: «Esta noche ha de moler/ el molino de la Griega/ esta noche ha de moler/ quiera Dios que non quiera». En Villarroquel, en Cifuentes de Rueda, en Cuadros e noutros lugares existe esta mesma tradición, ás veces con curiosas variantes locais nas que non podemos deternos agora, pero que moitas veces relaciónase con topónimos do tipo “Molino de la Griega”.
As distintas narracións sobre este ser configuran un personaxe singular da nosa mitoloxía que é, en esencia, unha muller fantástica responsable da construción dun muíño de auga nun alto (trátase dun ente construtor); para proporcionar auga ao muíño, este numen fixo unha presa e unha canle co tarugo/taruco dunha das súas madreñas (o que dá idea do gran tamaño que se lle supón), mentres realizaba este labor fiaba con roca (polo tanto, é tamén fiadora). Acabada a obra, La Giega dixo: «Mañana muele el molino», pero alguén respondeu que iso sería así «si Dios quiere», o que motivou que a muller mítica respondese coa fórmula rimada que xa vimos.
En Cuadros, a falta de canle, La Griega serviuse do mandil para intentar subir a auga, pero unha vez recitou o consabido desafío («que quiera Dios...»), as cintas do mandil rompéronse e a auga escapou. En última instancia, e ante a irreverencia de La Griega, o muíño, a presa e a canle acabaron destruídos, avanzando a auga cara arriba no canto de seguir o seu curso natural (é dicir, é a responsable dunha determinada configuración da paisaxe, que no caso deste mito, como apuntamos xa, son restos da minería aurífera romana).
O pai César Morán, Eutimio Martino, que dedicou unha monografía a esta cuestión, ou José Luís Porto, propuxeron diversas interpretacións para esta peculiar lenda popular e para a muller que a protagoniza. A nós bástanos con indicar que a peculiar figura mitolóxica aquí tratada garda estreitos paralelos con outras mulleres míticas femininas como a extremeña Serrana de la Vera ou a galega Raíña Lupa, fadas xigantescas e poderosas que noutro tempo dominaron, quizá como antigas deidades, unha parte do territorio onde hoxe segue vivas só na lendaria popular.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: