Actualizado en data 17/09/2019

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Veciñanzas

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Antropologías del miedo. Vampiros, sacamantecas, locos, enterrados vivos y otras pesadillas de la razón.

Edición de Gerardo Fernández Juárez e José Manuel Pedrosa
Calambur Editorial S. L.
320 páx. 2008
ISBN: 9788483590492
Arigos: José Manuel Pedrosa, Elena del Río Parra. Josep M. Comelles, Gerardo fernández Juárez, Francisco M. Gil García, Alvar Jones Sánchez, Antonio Reigosa, Luis Díaz Viana, José Joaquim Dias Marques, Luisa Abad e Daniel García Sáiz.

Monstros, vampiros, caníbales, pantasmas, desdichados que foron enterrados vivos, tolos, doentes, estranxeiros, veciños aos que non coñecemos o suficiente, simples nómadas: avatares todos do medo, sombras que se apoderan dos nosos peores soños, que encarnan dimensións da alteridade que nos estremecen, á vez que nos fan sentir de forma privilexiada a calor da nosa propia condición humana.
Todos eles (e uns cantos máis) danse cita nas páxinas deste libro, que, a metade de camiño entre a historia da cultura e das mentalidades, o tratado antropolóxico e a lenda urbana, foi construído coas achegas de antropólogos, historiadores e filólogos empeñados en debuxar un mapa do horror cos trazos da ciencia.


Gerardo Fernández Juárez é Profesor Titular de Antro­poloxía Social da Universidade de Castilla-A Mancha. Realizou investigación antropolóxica de campo en Bolivia en comunidades aimaras. Os seus ámbitos de interese investigador centráronse na Antropoloxía da Relixión e na Antropoloxía Médica do que dan fe os seus diferentes libros, monografías e artigos publicados en diferentes medios editoriais tanto nacionais como internacionais.
José Manuel Pedrosa é Profesor Titular de Teoría da Literatura e Literatura Comparada da Uni­versidade de Alcalá. Especialista en literatura oral e en antropoloxía cultural, publicou numerosos libros e estudos, e impartido clases e conferencias en universidades de Europa, Norte e Sudamérica, e África.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: