Tesouros
CATEGORÍAS RELACIONADAS
Pena da Ucha
A Pena da Ucha está nas Serras do Castelo, entre a parroquia do Burgo do concello de Muras, e a de Lousada do concello de Xermade, ambas da provincia de Lugo.
A Pena da Ucha é cadrada, tan feitiña que parece obra humana, e tíñana chea de ouro os encantos que vivían, se cadra aínda viven, por alí. Unha mañanciña do día de San Xoán os encantos sacaron o ouro a asollar para que non lles balorecese pero viñeron dous homes da Ribeira de Baamonde e roubáronlles o tesouro. Os encantos botaron tras dos homes mais, como non poden pasar por onde haxa auga, tiveron que deixalos cando os fuxitivos cruzaron o Rego das Veigas.
Os encantos, derrotados, dixeron:
Deixádeos,
non lles ha de aproveitar;
un logo morrerá
e o outro coxo
pra vida quedará.
Parece que así foi; un dos homes morreu e o outro quedou coxo mentres vivíu.
BIBLIOGRAFÍA