Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

A tecedeira de Vilaquinte

Indo cara o monte da Pastoriza, no camiño que vai a Castro de Carballedo había unha cova fonda e escura na que vivía unha serpe encantada, moi grande e moi vella. Aparecía e desaparecía cando lle petaba.

Todos lle tiñan medo, non ousaban pasar por alí pois dicían os vellos que comía animais e xente, sobre todo os máis cativos.

Unha vez unha tecedeira de Vilaquinte baixou buscar la para facer unha manta cabo dunha veciña de San Cristovo. Ao regreso, contra a noite —ela non sabía nada daquela serpe— viu que o animal estaba agardando por ela no camiño e coa boca aberta.

Tras un primeiro momento sen saber que facer —non levaba con que defenderse nin había pedras por arredor— colleu un dos nobelos de la e tiroullo á boca. A serpe larpouno como fixo cos outros que lle foi tirando ata que se lle acabaron.

Menos mal que a tecedeira tivera a precaución de quedar coa punta do fío dos novelos no colo; tirou deles e a serpe afogou.

Desde entón, os veciños quedaron tranquilos, a cova quedou desocupada e hai xante que cando pasa por alí bota unha oración en memoria da tecedeira de Vilaquinte.

 

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: