Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Micromitos 081: San Pancracio

Des que comezaron os sorteos de lotería en 1763, e o de Nadal a partir de 1812, véñense practicando artes de adiviñación que se cre poden influír para que nos toque o Gordo, chamado así polo gran importe dos premios que se reparten. Hai varios métodos, case todos de escasa ou nula efectividade.

Un deles consiste en buscar un lagarto con dous rabos, cortarllos e metelos nun caixón estrado de fariña. De alí a pouco aparece escrito na fariña o número exacto que vai caer na lotería.

Tamén é avogoso san Pancracio. Para atraer a sorte hai que poñer a imaxe ou a estampa, mellor se foron regaladas, ao lado dun vaso cunhas ramas de pirixel.

O pirixel é planta asociada á sorte, á saúde e tamén á morte pois naceu do sangue da ferida que lle provocaron as serpes ao heroe grego Archemorus.

Un caudillo celta venceu a todo un exército romano mandando ao fronte no canto de soldados burros cargados de pirixel. Os gladiadores romanos levaban unha rama ou coroa deste planta para animarse e tamén o tomaban para rebaixar os efectos dos excesos na bebida e na comida.


SerieMicromitos


Publicación: Nós Diario, 22 de decembro de 2020.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: