Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Lendas do castro de San Facundo

O castro de San Facundo está na parroquia do mesmo nome, no concello de Cea (Ourense).

Dise que neste castro houbo unha mina na que se agachaban os mouros e unha fonte na que as mouras  se bañaban en coiros.

Os mouros dábanlles pan trigo aos porcos que ían pa cer por alí. Na croa do castro houbo unha pía chea de carbóns, que era ouro encantado; o ouro desapareceu e a pía consérvase nunha casa do lugar.

Na parte sur do castro hai un sitio que lle chaman a A Matanza porque ese foi o lugar onde tiveron guerra cos mouros San Facundo e San Primitivo.

O castro está atravesado por unha trabe de ouro e outra de alquitrán.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: