Tesouros
CATEGORÍAS RELACIONADAS
Venta do Espiño ou do Bispo (A Gudiña)
«Din que nunha ocasión parou alí un mozo que estaba a estudar para cura e fuxiu sen pagar a cunca de caldo que tomara.
—Xa lle pagarei cando sexa bispo! —berroulle á da pousada mentres corría.
Pasaron os anos e un día apareceu pola venda un bispo quen lle lembrou á da pousada o que ocorrera anos atrás e pagoulle cunha onza de ouro.
Por iso a venda é coñecida tamén como a Venta do Bispo.»
[Orixinal en castelán. Traducido por galiciaencantada.com]
BIBLIOGRAFÍA