Tesouros
CATEGORÍAS RELACIONADAS
Os tesouros dos mouros do castro de Troña (Pías, Ponteareas)
«Pero, volvendo a Troña, non é o único tesouro que agochan as súas pedras: un tear de ouro, ou unha enorme trabe que chegaría dende o propio castro ata a o antedito lugar de Portavilares, escóndense nalgún lugar inconcreto do monte ou na credulidade da tradición popular, segundo como se mire.
Din que boa parte destes tesouros xuntados polos mouros co paso do tempo están agochados mesmo debaixo do altar da ermida do Doce Nome de Xesús (que se atopa no curuto do monte, sobre os restos do castro), e ata hai quen asegura que son vixiados por unha muller que ás veces se aparece diante da capela, sentada sobre un penedo cercano, que peitea os seus cabelos dourados cun peite (como non!) de ouro. Outros aseguran que esa muller, fermosa coma ningunha, aparece en ocasións acompañada por unha serpe enorme; incluso hai quen insinúa que ela é a propia serpe, e que ás veces se dirixe ás ovellas propóndolles trocar o peite de ouro por un pouco de leite.
E non é casualidade, se facemos caso da literatura popular, que a capela fose construída xusto nese lugar, afastada das vivendas e dos devotos, no curuto dun monte. Seica foi erguida mesmo enriba dun cemiterio de mouros.»
BIBLIOGRAFÍA