Un tesouro no Caenlleiro
«Pero despois, onde chaman O Caenlleiro, unha casa, que é a outra aldea que hai das pegadas, a que se ve desde aquí, que a outra non se ve. Ta máis pa aló. Tamén, gaveando alí, meu irmao tamén inda fora axudar alí a gavear,
tamén encontraron ouro alí. Encontrara unha vez un carro de ouro e encontraran varias causas, tamén nun forno deses. Estaba un fomo feito e dentro é onde tiñan todo eso.
—Eses fomos eran de pedra?
Eran de pedra, feitos de pedra e barro, si, e dentro é donde taba eso. Claro, eso, eso déixano pra conservalo.
Porque aí tuveron os moros cando aguerra dos carlistas».
[Transcrición da gravación realizada a José Villar Rodríguez. Vilar, Conforto. A Pontenova (Lugo). Ano 1996]
BIBLIOGRAFÍA