Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Tesouros

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O cordeiro de ouro do túnel da Veiga da Paga

«E decía o vello que chegaba aí, á capilla do Coitío por debaixo, non sei si é verdá si é mentira; pode ser verdá e pode non ser verdá. Porque aquí houbo unha que veu aló de Asturias, era asturiana, era zamorana pero taba en Gijón.

Un tío dela i un compañeiro que traballaba na mina, aí en Asturias, tamén falou que algo alí había, que había alí un tesouro e tal.

Pero un día dixo:

—Pois, vamos alí!

Foron alí entre os dous e dixo:

—Pois vamos a ver que hai.

Foron alí entre os dous, colleron as lámparas de carburo e fóronse metendo, fóronse metendo e ó chegar aló pa dentro, pois había moito xa máis estreito, tuveron que pasar case de lado.

Pero dentro había un altar e no altar había un cordeiro, pro o cordeiro era de ouro. I o caso é que agarraron o cordeiro, sacaron o cordeiro pa fóra e, adiós que che vaia ben!".

Xa non volverán á mina.

[Como se chamaba o sitio onde empezaba o túnel?]

Ai, na Veiga da Paga, pois ai ta, alí ta, decía o vello aquel que viña esa galería, que viña dar ai á capilla do …, ai os Castros».

[Transcrición da gravación realizada a José Villar Rodríguez. Vilar, Conforto. A Pontenova (Lugo). Ano 1996]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: