Actualizado en data 14/01/2019

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Tesouros

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O xugo de ouro do Monte Caxado

A impresionante figura do Monte Caxado, cos seus 756 metros de altura, garda arredor de si lendas de mouros, seres míticos doutros tempos -ou non- que deixaron tras de si tesouros e encantos naquel lugar. Preto do monte, na Uceira, cóntase que hai aínda agochado un xugo de ouro do tempo dos mouros que un día sairá de novo á luz ao fozar as cabras na terra cos pés. (Da Fonte, 1905) 

Lugar da lenda: A Uceira, Monte Caxado, As Pontes de García Rodríguez (A Coruña)

[Achega de Xosé María Ferro Formoso, As Pontes (A Coruña). Marzo de 2018]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: