Tesouros
O tesouro de Canedo
Víase desde lonxe unha gran acumulación de terra e de area no centro do barrio de Canedo, lugar situado entre San Tomé e Santo Adrián, en Lourenzá (Lugo). Durante anos e anos a xente matinou sobre a súa existencia e sobre o que contiña. Contan que o que dentro había era un tesouro que os mouros deixaran alí para os seus descendentes.
Recompiladora: Fátima Reino. 1º ESO, IES ‘San Rosendo’, Mondoñedo (Lugo).
Grupo ‘Olllomao’ (ENDL do IES ‘San Rosendo’)
Informante: Manuel Reigosa (70 anos)
Lugar e data de recollida: Canedo, Lourenzá, abril de 2015.