Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Tesouros

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Onde estará o tesouro do pirata Benito Soto?

Cando o pirata pontevedrés Benito Soto Aboal (1805-1830), un dos últimos, senón o derradeiro, e o máis sanguinario dos piratas do Atlántico, foi executado en Xibraltar o 25 de xaneiro de 1830, comezou a lenda arredor do paradoiro dos seus tesouros.
Na praia gaditana onde embarrrancara o seu barco “El Defensor de Pedro”, que xa fora rebautizado como “Burla Negra”, seica atoparon moedas acuñadas entre 1752 e 1757.
En Pontevedra, sempre se especulou co posible paradoiro do tesouro deste pirata na súa cidade natal:
Estará nalgún lugar do edificio doantigo bar Pitillo?, ou…
estará na Casa das Campás, hoxe, sede do Vicerrectorado da Universidade de Vigo? ou…
... como nos di Calros Solla en “O tesouro dos Fontao”:
É “vox populi” que os Fontao de Cerdedo, nomeados canteiros, atoparon un pote atacoado de moedas de ouro mentres “muriaban” na escalinata da basílica de Santa María A Maior de Pontevedra. Testemuños dignos de creto aseguran que o achádego era quiñón do tesouro de Benito Soto, o pirata da Moureira.

Para poder achegarse ás respostas, se é que as hai, pode resultar de axuda ler as novelas “La Burla Negra, de J. Mª Castroviejo, “El dueño del miedo”, de Ramón Solís, “Amargas han sido las horas”, de Alberto Fortes, ou “Morning Star” de Xosé Miranda.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: