O tesouro e as camas da Mina dos Mouros
Situada na aldea de Casares, na parroquia de Vilaiz, concello de Becerreá (Lugo). Unhas veciñas contáronme que de nenas entraban con fachos acesos na longa gruta, abeirada ao principio da mesma por dúas "camas" de pedra onde durmían os mouros que custodiaban un tesouro.
[Texto de Xabier Moure Salgado. Xullo de 2012]