Actualizado en data 08/12/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Contos da tradición oral de Galicia

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Conto: Tres caracois [Sen clasificar / Not classified]

Tiñan tres caracoles unha empanada; dous eran máis maiores e un era pequenín, e ó máis pequeno chamábanlle Remoldiño. E marcharon a come-la empanada ó monte, e díxolle:
—¡Ala, imos eiquí!
E levaban a empanada.
—¡E olvidóuseno-lo viño! ¡Remoldiño, vai tu polo viño!
E dice Remoldiño:
—Non, non vou, que coméde-la empanada.
Dixo:
—Non; que non, que non a comemos.
—Si que a comedes.
—Non comemos, non.
Ata que mandaron a Remoldiño polo viño. E Remoldiño, en vez de marchar polo viño, quedou detrás dunha pedra escoitando a ver se lle comían a empanada. E pasaron dous días e Remoldiño non volvía co viño, e dixeron:
—Bueno, Remoldiño non volve co viño, imos comer a empanada.
E saliu Remoldiño detrás dunha pedra e dixo:
—¡Íbades come-la empanada sin min, lampantíns! ¡Pois ahora non vou polo viño!

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Me gustó mucho soy de Chile y mi amiga vive en Galicia y me recomendó esta página de cuentos y esta re bien

Enviado por Marina 22 años o 09/01/2018 ás 21:08:27


Enviar comentario a este artigo: