Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Contos da tradición oral de Galicia

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Conto: Os animais amigos [ATU-130: The Animals in Night Quarters]

Unha vez tamén era un can que o querían matar pro outro día. E púxose a comer unha ovella. Ie chegou por alí un burro e díxolle:
-¿E tu que tas facendo, ho?
E dixo:
-Toume enchendo ben, que mañá quérenme matar; así, polo menos, vou ben farto.
E dixo:
-Vente conmigo, que tamén a min me pasa eso, e vámonos.
Máis adiante atoparon con un gato. O gato taba no chao dun queixo, e díxolle:
-¿Que tas facendo, ho?
E dixo:
-Quérenme matar mañá e toume enchendo ben.
-Vente con nós.
Máis adiante había un galo nunha aira, taba comendo ben graos e díxolle:
-E logo, ¿que tas facendo?
Pois o mismo que os outros:
-Tamén me queren matar.
E, claro, marcharon. E anduveron, claro, iban huindo do enenmigo. Anduveron quen sabe o que.
E foilles noite; e dixéronlle ó gato:
-Súbete aí a un carballo, a ver se ves algunha luz por algún sitio.
E subiu ó carballo e dixo:
-Vexo unha luciña pero ta mui lejos, mui lejos.
E bueno:
-¿E con que dirección?
-Pois, pra alí.
E colleron todos pra alí. E chegaron alí e miraron pola fumeira, así, por arriba.
E había unha cociña de arrastro; eran os ladrois que taban comendo. Tiñan unha mesada de comida e moitos cuartos. E dixeron:
-¡E como hamos facer! ¡Bueno, pois, o burro a ornear, o galo a cantar, o can a ladrar i o gato a miar!
E empezaron con aquela faena. E os ladrois:
-¡Ai, que eí viene la tropa! ¡Ai, que eí viene la tropa!
E marcharon. Pero desde que chegaron aló lejos, dixeron:
-E, ¿que sería aquelo, ho? ¿Que sería aquelo?
Mandáronlle a un volver a mirar. I eles, desde que cenaran e se puñeran ben fartos, dixeron:
-Bueno, pois ahora o burro á cuadra, o can á porta, o gato ó son do lume i o galo ó poleiro.
E mandáronlle a aquel volver mirar. E foi, e pasou pola cuadra i o burro meteulle dúas patadas; despois pasou pla porta i o can mordeuo nunha cacha, e dispois iba mirar a ver se había lume. Esgarellaba nos ollos do gato, como aluman de noite, i o gato tirouselle á cara; desfízolla toda. I o galo cantaba.
Cuando (o ladrón) chegou xunta os outros, preguntáronlle:
-¿Que había alí, home? ¿Que había alí?
-¡E que iba haber, hombre! ¡Que iba haber! ¡Pasei pola cuadra del burro, me metieron dos lapotazos; pasé por la puerta, me quitaron una cacha; iba mirar a ver se había lumbre, me deshicieron la cara! ¡I aún decía el outro (o galo facía cacaracá); aún decía el otro: ¡Tráimelo pacá, traimelo pacá! ¡Aquel, se me pillara, me mataba!

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: